InicioSociedadeAlerta sanitaria para que non se consuma un bote de ourego comercializado...

Alerta sanitaria para que non se consuma un bote de ourego comercializado por LIDL

Detectan altos valores de alcaloides que poden provocar afeccións hepáticas en caso de inxesta masiva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comunicado lanzado pola multinacional alemá LIDL o pasado 28 de febreiro alerta para retirar do mercado un bote de ourego da marca KANIA de 7,5 gramos por alto valor de “alcaloides pirrolizidínicos” que poden provocar “afeccións hepáticas en caso de inxesta prolongada”

O comunicado fai referencia a dous lotes: A91832 e LC91834 do provedor WEIAND GmbH. A data de consumo preferente é xullo de 2022.

Segundo detallan no comunicado «os alcaloides son compoñentes vexetais procedentes de plantas non desexadas que crecen xunto aos cultivos e que non se separaron correctamente durante a colleita. Estes poden provocar afeccións hepáticas en caso de inxesta prolongada». Este é o motivo polo que a cadea alemá solicitou aos seus clientes que «devolvan o produto e que non o consuman».

Comunicado difundido por LIDL

Devolución e reembolso

Os botes pódense devolver en calquera tenda de Lidl e a cadea de supermercados reembolsará o prezo da compra, «mesmo sen presentar o ticket de compra».

Ningún outro lote de ourego e ningún outro produto da marca Kania, vendido por Lidl, «está afectado», aseguran no seu comunicado, que pide desculpas aos clientes polos «inconvenientes causados».

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...