InicioSociedade(Vídeo) O coidadoso labor das mulleres que venden grelos ao pé das...

(Vídeo) O coidadoso labor das mulleres que venden grelos ao pé das estradas

Sempre terán para ti un feixe de grelos ou un tarro de mel. Co acougo que dan os anos, estas mulleres persisten nun labor que vai moito máis alá daquilo que ofrecen: elas tecen relacións duradeiras e dotan de identidade os lugares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aínda que o mundo siga xirando, aínda que o seu entorno vaia cambiando, elas sempre prevalecen, alí, ao pé da súa casa, esperando por aquel que pare en busca dunha atención cálida e dun produto de calidade. Son mulleres que levan toda unha vida ao coidado das súas casas e da súa horta. Cada mañá, preparan un postiño de madeira con mel e grelos recén recollidos que colocan fronte á súa casa e ao carón da estrada N-550, que xunta A Coruña e Tui.

Alí sentan, coa paciencia que lles dá a experiencia, e esperan. De vez en cando, algún dos coches ou dos camións que pasan fugaces pola estrada detense fronte a elas. ‘Quería un feixe de grelos… A canto van?‘. Aí comeza todo un negocio que leva décadas en pé e que leva décadas sendo sustento das familias. Un negocio que manexan elas, protexidas do frío do inverno con xerseis gordos e mandiles a cadros. De gañarse a vida, saben ben. Fixeron da N-550, dende Deixebre e ata a entrada de Ordes, un espazo non só para a economía, senón tamén onde tecer unhas relacións sociais duradeiras.

Hai anos houbo moitas máis vendedoras de grelos das que hai na actualidade, coinciden en dicir. Agora, as que persisten cóntanse cos dedos das dúas mans, pero aínda así, a pé de asfalto, a un lado e mais a outro da estrada e con ben anos enriba, estas mulleres alí se manteñen. Foron quen de converter unha estrada convencional en algo que a sacou do seu convencionalismo. Foron quen de dotala de identidade propia.

Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...