InicioSociedadeVázquez Almuiña 'estamos preparados' e 'en condicións de cumprir os protocolos' para...

Vázquez Almuiña ‘estamos preparados’ e ‘en condicións de cumprir os protocolos’ para afrontar o coronavirus’ en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, considera que tanto o Servizo Galego de Saúde (Sergas) como o Sistema Nacional de Saúde ( SNS) están “preparados” para “utilizar os medios que ten” dispoñibles se se rexistra algún outro caso de coronavirus en España. Por agora, o único contaxiado no país é un cidadán alemán que permanece ingresado no Hospital da Gomera (Canarias).

En declaracións aos medios tras participar no Pleno do Consello Interterritorial no Ministerio de Saúde co ministro, Salvador Isla, e os seus homólogos autonómicos, Vázquez Almuiña dixo que hai unha “coordinación total e absoluta” entre as comunidades e celebrou os “criterios uniformes” entre todas elas para facer fronte a esta enfermidade orixinada na cidade chinesa de Wuhan.

Esta reunión en Madrid, en palabras do titular de Sanidade, foi “moi produtiva” e permitiu aos asistentes “avaliar todos os protocolos” en vigor. Ademais, sinalou que estes protocolos “evolucionan” segundo cal é a situación do virus: “Estamos en contacto coa Organización Mundial da Saúde (OMS) para tratar de ver se hai algunha variación no contaxio a nivel internacional para poder adaptar o protocolo”.

Neste sentido, Vázquez Almuiña garante que todas as comunidades están “en condicións” de cumprir os protocolos actuais, que se reevaluarán “continuamente” en función de “todo o que está a pasar”. Por iso, tal e como explicou o conselleiro, as autonomías pediron ao Ministerio que informe “en tempo real”.

 “En España só hai un caso e parece que está moi controlado, por tanto (estamos) preparados e expectantes. Neste momento aínda non se pode dicir se está a declinar a epidemia, pero o máis importante é estar en tempo real”, reiterou.

Así as cousas, o conselleiro de Sanidade valorou a reunión deste martes como “un traballo magnífico de coordinación”, todo “un exemplo a seguir” para futuros Consellos Interterritoriais nos que se aborden temas como recursos humanos, financiamento ou desabastecemento de medicamentos, segundo enumerou. “Creo que pode ser un inicio prometedor”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...