InicioSociedadeAs comarcas do Condado e Vigo gañaron poboación en 2019

As comarcas do Condado e Vigo gañaron poboación en 2019

As provincias da Coruña e Pontevedra concentran o 76,4% da poboación galega.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nove comarcas galegas gañaran poboación no arranque de 2019 con respecto ao ano anterior, segundo os datos difundidos este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

As cifras de poboación que publica o IGE reflicten que o nove comarcas galegas que gañaron poboación foron a de Santiago, A Coruña, Betanzos, O Condado, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Allariz-Maseda.

En canto aos sete grandes concellos da comunidade presentan desigual comportamento na súa evolución anual. A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo gaña poboación con respecto ao ano anterior, mentres que Ferrol e Ourense perden poboación.

Galicia rexistrou no 1 de xaneiro de 2019 unha cifra de poboación de 2.700.441 habitantes, o que supón un descenso de 2.708 persoas con respecto ao ano anterior, cifrada en 2.703.149 habitantes. Por provincias, A Coruña e Pontevedra concentran o 76,4% da poboación galega.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...