InicioSociedadeO Euromillóns deixa máis de 224.000 euros a un cidadán en Vigo

O Euromillóns deixa máis de 224.000 euros a un cidadán en Vigo

Foi na Administración Número 10 da cidade, coñecida como Loterías Sagitario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa de Vigo fíxose con 224.420,61 euros ao ser o agraciado do Euromillón este sábado. A aposta foi selada na Administración Número 10 da cidade, coñecida como Loterías Sagitario.

A titular da administración, Raquel Vázquez, expresou o seu entusiasmo por repartir tal cantidade de diñeiro neste sorteo e recoñece “estar encantada”.

O agraciado “non llo cría” e hai uns minutos achegouse ao establecemento “para comprobar se era verdade”, explica Vázquez. Ao parecer escoitara que os seus números eran o gañadores pero “non llo podía crer”, engade.

En concreto, o xogador do Euromillóns conseguiu o segundo premio deste sorteo (o único repartido en España), acertou os cinco números da aposta e unha das estrelas.

Esta administración non é a primeira vez que reparte grandes cantidades como a deste sábado. De feito, “son habituais” no establecemento, destacou Vázquez.

Ademais, desde que se coñeceu a noticia do Euromillón a xente aproveitou para comprar os últimos boletos antes do Sorteo do Neno, o próximo 6 de xaneiro. Moitos o fan por “supersticiosos” que teñen que esperar ao último momento e outros porque, este tipo de noticias, aumentan as vendas.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...