InicioSociedadeO BNG propón que o pleno de Vigo rexeite a creación dunha...

O BNG propón que o pleno de Vigo rexeite a creación dunha universidade privada en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentou este martes no Concello de Vigo unha proposta para que o pleno faga unha declaración institucional na que rexeite a creación dunha universidade privada en Galicia.

Segundo informou o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, a través dun comunicado, esta iniciativa “recolle as posicións expresadas polos diferentes sectores da comunidade educativa universitaria, desde os reitores, ata as organizacións sindicais e estudantís”.

Así, con esta declaración búscase fixar unha “posición de cidade” ante o proxecto de universidade privada promovido “por unha entidade bancaria”, e que contempla establecer un dos seus campus en Vigo.

O concelleiro do BNG pediu que o pleno municipal, “como máximo órgano democrático”, transmita así “unha mensaxe clara contra este proxecto privatizador”. No texto proposto ínstase tamén á Xunta a atender “o clamor” da comunidade universitaria e a non autorizar esa iniciativa, “que incumpriría o previsto na propia lei galega de universidades”, con respecto á duplicidade de titulacións e estudos.

Así mesmo, o BNG reclama na súa proposta que se demande un novo plan de financiamento para a universidade pública, que viu reducidas as achegas da Xunta pola “política de recortes” do PP.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...