InicioSociedadeComún da Esquerda critica que non se dean solucións en Vigo a...

Común da Esquerda critica que non se dean solucións en Vigo a unha familia que non pode pagar o aluguer

Antón Sánchez recrimina que "é un fracaso" que só se lle puidera outorgar vivenda a esta familia a "58 quilómetros de onde viven, con dúas fillas escolarizadas".

PUBLICADO O

O director xeral do IGVS, Heriberto García, respondeu unha pregunta na xornada parlamentaria deste xoves sobre a situación dunha familia de Vigo –con dúas fillas menores– que cobra a Risga e ten dificultades para pagar o aluguer.

Informa de que a Xunta lle facilitou unha vivenda na Cañiza, que foi adxudicada esta mesma semana. Ademais, concedéuselle en outubro un bono de aluguer prorrogable durante seis anos.

O deputado de Común da Esquerda Antón Sánchez censurou que “nin o Concello nin a Xunta lles achega solucións na cidade de Vigo”, un municipio “con miles de vivendas baleiras”. Así, recrimina que “é un fracaso” que só se lle puidera outorgar vivenda a esta familia a “58 quilómetros de onde viven, con dúas fillas escolarizadas”.

Heriberto García xustificou que “non hai vivendas dispoñibles” en Vigo porque o Concello “se nega a participar de forma activa” na procura de solucións.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...