InicioSociedadeA Xunta publicita o seu Nadal en Vigo cun lazo amarelo como...

A Xunta publicita o seu Nadal en Vigo cun lazo amarelo como o dos presos cataláns

"Un Nadal solidario para todos" é o lema escollido pola Xunta para facer frente ao Nadal de Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un gran lazo amarelo salpicado de pequenas estreliñas azuis é a imaxe corporativa elixida pola Xunta de Galicia para publicitar as súas actividades de Nadal en Vigo e, contrarestar, deste xeito, o Nadal das luces de Abel Caballero.

Pero, diversos usuarios das redes sociais chancean xa coa gran semellanza que este lazo amarelo ten co símbolo que os independentistas cataláns utilizan para pedir a liberdade dos seus “presos políticos”, na cadea logo do referendum do 1 de outubro de 2017.

Ese gran lazo amarelo, co lema “Un Nadal solidario para todos“, é a imaxe que a aparece nalgúns medios de comunicación. É o xeito que ten a Xunta, pagando importantes sumas de publicidade institucional, para vender as súas actividades de Nadal en Vigo e na súa contorna. Nesta campaña tamén colabora o Porto de Vigo, que preside Enrique López Veiga.

Este Nadal “solidario” da Xunta conta con 18 días plagados de actuacións, concertos, obradoiros e todo tipo de iniciativas culturais e solidarias. Entre estes está o Tinglado do Porto, que se converterá entre o 16 de decembro e o 5 de xaneiro, no escenario do Nadal Solidario.

A animación no exterior contará con decoración tradicional, atraccións para os máis pequenos, foodtrucks e unha grande caseta habilitada para que o paxe real recolla todas as cartas dos nenos e nenas aos Reis Magos. Xa no interior, a peza principal será o Nacemento da Catedral de Santiago, xa que as obras que se están a realizar na basílica impiden este ano a súa exposición pública.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...