InicioSociedadeO Concello reacolle varios veciños do Casco Vello de Vigo polo risco...

O Concello reacolle varios veciños do Casco Vello de Vigo polo risco de derrubamento dun inmoble lindeiro

Trátase dun edificio situado no número 5 da Praza do Peñasco.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo reacolleu este luns a varios veciños de dous edificios do Casco Vello, ante o risco de derrubamento dun inmoble lindeiro, e que foron acomodados no Hotel Baía da cidade.

Segundo informou o goberno local, técnicos municipais detectaron, en varias inspeccións realizadas nos últimos días, “problemas de estabilidade nun edificio situado no número 5 da Praza do Peñasco“.

Trátase dunha casa baleira e en estado de ruína, que presenta varias gretas na fachada, polo que, para garantir a seguridade, o Concello optou por desaloxar aos veciños do número 9 da Ribeira do Berbés e do número 3 da Praza do Peñasco.

Mentres, o departamento de Urbanismo, tras ditar a orde de desaloxo, porá en marcha os traballos para solucionar os problemas de estabilidade do inmoble, segundo comunicaron fontes municipais.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...