InicioSociedadeO PP do Porriño urxe acondicionar a rúa Navuxil e a ponte...

O PP do Porriño urxe acondicionar a rúa Navuxil e a ponte que cruza a A-52

"O estado de abandono das estradas en todo o municipio é evidente", asegurou o portavoz popular Alejandro Lorenzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular do concello pontevedrés do Porriño reclamou este luns a mellora e o acondicionamento “urxente” dun dos principais accesos ao centro urbano da localidade, a rúa Navuxil e a rúa da Risca, especialmente a ponte que cruza a autovía A-52.

“A escasa seguridade viaria dunha zona que soporta un intenso tránsito diario, tanto de vehículos como de peóns, require medidas urxentes”, reivindicou o portavoz popular, Alejandro Lorenzo, quen apuntou que se trata dun dos principais accesos ao municipio e é “utilizado a diario por miles de persoas” para acceder a dous colexios e ao instituto, así como ao pavillón e ao Centro de Saúde. “As condicións actuais supoñen un evidente risco que debe ser liquidado de inmediato”, indicou.

Para o PP, o mal estado do firme, con gretas de profundidade no pavimento e fochancas, “evidencia o deixamento do goberno municipal e a falta de mantemento”.

“O estado de abandono das estradas en todo o municipio é evidente”, asegurou Lorenzo, tras o que lamentou que “os viarios e camiños das parroquias son en moitos puntos intransitables e requiren a inmediata execución de obras de mellora”.

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local...

Galicia Fest prepara un cartel de luxo para este venres e sábado

O Galicia Fest ultima os preparativos para a súa celebración, este venres e este...

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global...

Vigo rende homenaxe aos alcaldes fusilados polo franquismo hai 89 anos

A Corporación viguesa, encabezada polo alcalde Abel Caballero, xunto a sindicatos, asociacións e outros...