InicioSociedadeCIG-Saúde teme despedimentos tras a privatización de Povisa

CIG-Saúde teme despedimentos tras a privatización de Povisa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG-Saúde denunciou este venres “nula receptividade” da Consellería de Sanidade na “cuestión asistencial e laboral” do Hospital Povisa, co que o Sergas mantén un concerto, á vez que trasladou a súa “preocupación” por despedimentos tras ser adquirido por Centene.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, criticou a “ausencia total de diálogo” coa Consellería de Sanidade coa que “despois de múltiples intentos e de presionar con mobilizacións” conseguiu, segundo explica nun comunicado, “manter unha reunión para tratar as cuestións asistenciais e laborais referidas a Povisa”.

“O argumento esgrimido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, foi patético porque ante a preocupación da CIG-Saúde pola situación na que queda a atención sanitaria na área de Vigo, que incumbe a máis de 135.000 persoas, e a situación laboral do cadro de persoal só foi quen de dicir que a Consellería segue tendo un contrato con Povisa, que esta non desaparece e que o único que cambia é o accionariado”, manifestou Abuín.

En relación a iso, Abuín pregunta “se é por inxenuidade ou por incapacidade que o conselleiro dá esta resposta” porque, engadiu, “un cambio de accionariado pode cambiar todo o modelo asistencial e as condicións laborais do persoal se así o decide a empresa á marxe do que pense a Consellería de Sanidade”.

XESTIÓN PÚBLICA

Desde que transcendeu a adquisición por parte de Ribeira Saúde, da multinacional Centene, de Povisa, a CIG-Saúde defendeu, lembra, “que fose comprado (o hospital) pola Xunta para xestionalo directamente desde a sanidade pública”.

“Esta compra permitiría planificar a área sanitaria de Vigo sen interferencias dunha empresa privada que leva 40 anos condicionando o seu desenvolvemento e garantiría a asistencia sanitaria a toda a poboación con recursos públicos, en igualdade de condicións e servizos, e cun cociente mínimo de profesionais polo número de pacientes, o que garantiría a calidade asistencial”, defende esta central sindical.

ESTUDALO

A CIG tamén criticou que ante a pregunta de que medidas vai adoptar a Consellería de Sanidade para manter a calidade asistencial e o cadro de persoal, “o conselleiro limitouse a responder que xa o estudarían”. Por iso, para a CIG-Saúde “a preocupación é que os despedimentos poidan producirse pola vía da externalización, por parte de Centene, de servizos que actualmente presta Povisa”.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...