InicioSociedadePresentan no campus de Vigo a primeira bioincubadora especializada en proxectos aplicados...

Presentan no campus de Vigo a primeira bioincubadora especializada en proxectos aplicados á saúde

Esta bioincubadora, situada no edificio Emprendia da USC, ofrecerá apoio e espazo para a incubación, tanto de micropymes como de proxectos do ámbito biotecnolóxico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BioIncubaTech, a primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en proxectos biotecnolóxicos aplicados á saúde e ao sector agroalimentario, presentou este mércores no campus de Vigo a súa primeira convocatoria de proxectos, que estará aberta ata o próximo 15 de novembro.

Así, tal como recolleu a Universidade de Vigo nun comunicado, BioIncubaTech é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) destinada ao fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e das tecnoloxías alimentarias ás micropemes, conxugando a dotación de infraestruturas e programas de incubación e aceleración coa finalidade de atraer talento emprendedor e resultados de investigación de todo o mundo a Galicia.

A bioincubadora, situada no edificio Emprendia da USC, ofrecerá apoio e espazo para a incubación, tanto de micropemes como de proxectos do ámbito biotecnológico. Ademais da infraestrutura científico-técnica, con espazos privados e compartidos, as empresas usuarias de BioIncubaTech disporán de programas de apoio en catro ámbitos: a transferencia de coñecemento e xestión da innovación; captación e xestión de talento directivo; coordinación e networking internacional e captación de investimento e xestión financeira.

A primeira convocatoria de proxectos, presentada este mediodía no campus vigués, está dirixida a micropemes e proxectos empresarias do ámbito biotecnológico, en áreas de saúde e tecnoloxías alimentarias.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...