InicioSociedadePiden máis de 25 anos de cárcere para un acusado de abuso...

Piden máis de 25 anos de cárcere para un acusado de abuso sexual a unha menor discapacitada en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita penas que suman 25 anos e medio de cárcere para un home acusado de dous delitos continuados de abusos sexuais a unha menor de 15 anos, e doutro delito do artigo 183 ter.1 do Código Penal, por concertar citas coa vítima a través do teléfono móbil.

O acusado será xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo e, ademais das penas de prisión, o ministerio público solicita que se lle impoña a prohibición de achegarse á moza durante 41 anos; así como a medida de liberdade vixiada durante 19 anos (e a obrigación de participar en programas de reeducación sexual).

Segundo o escrito de acusación pública, a vítima, de 15 anos de idade e cunha discapacidade do 33 por cento (discapacidade intelectual leve), durmiu en casa do acusado, na mesma cama, en xuño do 2017. O procesado aproveitou esa circunstancia para realizarlle tocamentos e tentar penetrala vaxinalmente.

Meses despois, vítima e acusado iniciaron o contacto a través de Whatsapp, e o procesado fíxose pasar por unha muller chamada Lara, de Valencia, para gañarse a confianza da menor e facerlle crer que botaba as cartas. Facéndose pasar por esa persoa, tentaba convencer á nena para que mantivese relacións sexuais co acusado.

Finalmente, a menor accedeu e quedou, a través de Whatsapp, polo menos en dúas ocasións con este home, con quen se atopou en zonas de monte apartadas en decembro de 2017. En ambas as ocasións, o acusado abusou sexualmente dela, sabedor de que era menor.

Por estes feitos, a Fiscalía pide para o procesado 11 anos e 3 meses de cárcere por cada un dos dous delitos continuados de abuso sexual, así como 36 anos de afastamento da moza e 16 anos de liberdade vixiada. Polo delito do articulo 183 ter.1 do Código Penal (relativo aos contactos por teléfono para concertar encontros e abusar da moza), pide a pena de 3 anos de cárcere, 5 anos de afastamento e 3 anos de liberdade vixiada.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...