InicioSociedadeUn novo Centro Integral de Saúde en Vigo dedicado á primeira galega...

Un novo Centro Integral de Saúde en Vigo dedicado á primeira galega licenciada en Medicina

Ocupará un dos edificios xudiciais da rúa Lalín e terá capacidade para atender a unha poboación de 42.000 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, anunciou este venres a intención do goberno galego de habilitar un dos edificios xudiciais da rúa Lalín (que se baleirarán a partir do verán que vén, cando se trasladen os xulgados ao antigo Hospital Xeral) para albergar un Centro Integral de Saúde (CIS), con capacidade para atender a unha poboación de 42.000 persoas.

Porro sinalou que ese centro sanitario levará o nome de Olimpia Valencia, a primeira galega licenciada en Medicina. “É unha gran oportunidade de mellorar os servizos sanitarios”, proclamou, e explicou que este novo centro de saúde dará servizo aos pacientes que agora se atenden en ambulatorios “obsoletos”, como o do Nicolás Peña ou o da rúa López Mora.

O CIS Olimpia Valencia incorporará servizos que agora non teñen eses centros de saúde, e estudarase tamén trasladar a esa infraestrutura algúns dos “elementos” do centro de saúde de Pintor Colmeiro, que está “saturado”.

A Xunta, explicou a delegada territorial, levará a cabo o plan funcional e o proxecto para que esta nova dotación sanitaria poida empezar a construírse en canto a actividade actual do edificio se traslade á nova Cidade da Xustiza.

Tras anunciarse, hai uns anos, que o antigo Hospital Xeral sería reformado para albergar os xulgados, foron varias as propostas que se puxeron sobre a mesa acerca dos usos que se darían aos edificios que quedan baleiros. Entre esas propostas, estaba a construción da Biblioteca do Estado, trasladar alí o colexio Altamar, destinalos a dotacións socioculturais ou á Universidade de Vigo.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...