InicioSociedadeLicitado o proxecto de abastecemento a Vigo e á zona sur de...

Licitado o proxecto de abastecemento a Vigo e á zona sur de Pontevedra pola Confederación Hidrográfica

A adxudicataria deberá de entregar a documentación ambiental necesaria para iniciar o procedemento de avaliación ambiental requirido, atendendo á alternativa que se presente como a máis adecuada para garantir o abastecemento da poboación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, licitou por 165.147,39 euros o proxecto de abastecemento a Vigo e á zona sur de Pontevedra.

Segundo informou a CHMS nun comunicado, o Boletín Oficial do Estado publica este mércores esta licitación da redacción do ‘Estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra’.

O obxectivo, conforme sinalou a confederación, é mellorar a regulación e o almacenamento de auga para garantir o abastecemento a Vigo e zona sur de Pontevedra, municipios de Vigo, Redondela, Soutomaior, Porriño, Mos, Salceda, Moaña, Cangas, Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui, Ponte Caldelas, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

Para iso, a empresa adxudicataria deberá estudar diferentes alternativas, entre as que se inclúen o recrecimiento da presa de Eiras, a construción dunha nova presa de augas arriba, unha captación no río Verdugo, a construción dunha planta desalinizadora ou a construción dunha toma de auga no río Miño, entre outras.

Ademais do anterior, a adxudicataria deberá de entregar a documentación ambiental necesaria para iniciar o procedemento de avaliación ambiental requirido, atendendo á alternativa que se presente como a máis adecuada para garantir o abastecemento da poboación. A presentación de ofertas realizarase a través do Rexistro Xeral da CHMS ata as 14,00 horas do día 4 de novembro.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...