InicioSociedadeA catedrática Esther Pillado, primeira muller valedora da Universidade de Vigo

A catedrática Esther Pillado, primeira muller valedora da Universidade de Vigo

A universidade viguesa cobre un 101,6% das súas prazas de novo ingreso, sendo "a mellor cifra de matrícula" do últimos sete anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A catedrática da área de Dereito Procesual Esther Pillado converteuse este martes na primeira muller en asumir o cargo de valedora universitaria da Universidade de Vigo, despois de que fose elixida polo claustro da UVigo con 63 votos a favor e un en branco para suceder a Argimiro Rojo, que abandonou o posto por xubilación o pasado verán.

Pillado, que foi secretaria xeral da Universidade de Vigo durante o mandato de Alberto Gago entre 2006-2010, é docente do Departamento de Dereito Público, do que é directora e, desde comezos deste ano, é tamén vogal permanente da Comisión Xeral de Codificación, adscrita á Sección de Dereito Procesual.

Para ela, o desenvolvemento do cargo de valedora universitaria “supón un reto persoal e profesional importante” que lle permitirá aplicar na universidade “toda a súa experiencia na xestión e resolución de conflitos de forma pacífica”, recolle a universidade nun comunicado.

MATRÍCULAS

Na mesma sesión ordinaria do claustro, o reitor, Manuel Reigosa, tamén presentou os datos provisionais de matrícula de estudantes de novo ingreso. Así, destacou que a pesar de que este se presentaba como un ano “complicado” polas “baixas cifras” de estudantes que accedían ao sistema universitario, a taxa de ocupación en primeiro, a falta de pechar o último prazo, é do 101,6%.

Segundo as súas cifras, en Ourense ofertáronse un total de 908 prazas, das cales se cubriron 891, o que supón un 98% das mesmas. Con todo, en Pontevedra accederon 814 a unha carreira universitaria, a pesar de que só se ofrecían 793 postos, é dicir, un 120,6%, mentres que en Vigo cubríronse 2.026 vacantes, das 1.970 ofrecidas (102,8%).

“É que a pesar de que quedan vacantes en varias titulacións, outras matricularon máis estudantes dos previstos, ao coincidir as notas de corte”, explicou Reigosa. Desta maneira, o reitor remarcou que se trata da “mellor cifra de matrícula” en primeiro dos últimos sete anos.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...