InicioSociedadeMercadiño solidario en Vigo para esta fin de semana a prol da...

Mercadiño solidario en Vigo para esta fin de semana a prol da loita contra o cáncer

O recadado irá para o grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Oncomet.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá a partir do próximo venres, 18 de outubro, e ata o domingo 20, un mercadillo solidario en beneficio do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Oncomet.

Así, a Andrómena do Porto reunirá unha zona ‘market’ de moda, complementos, decoración e libros, que contará con música en directo e postos gastronómicos. Desde as 12,00 horas os visitantes poderán acceder á zona, situada detrás da Praza da Estrela, que estará repartida en tres áreas.

Na primeira estarán situados os postos de roupa, complementos e o resto de oferta comercial, toda ela con fins benéficos. A segunda estará dedicada á gastronomía, mentres que a terceira das partes do mercadillo, que ocupa un total de 900 metros cadrados, instalarase a barra de bebidas e un escenario para as actuacións de música. Tamén haberá un espazo infantil e actividades de lecer para os máis pequenos.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...