InicioSociedadeA ampliación de Rande, inaugurada en decembro, estará "probablemente" rematada en maio,...

A ampliación de Rande, inaugurada en decembro, estará “probablemente” rematada en maio, aclaran dende o ministerio de Fomento

Fomento reitera que librar de peaxe Vigo-Redondela "non é un trámite fácil", pero di que o compromiso é "acurtar os prazos ao máximo".

PUBLICADO O

- Advertisement -
 As obras de ampliación da autoestrada AP-9 na ponte de Rande estarán “completamente finalizadas”, segundo o ministro de Fomento, “probablemente ao longo do mes de maio”. O 30 de decembro do ano pasado, o presidente do Goberno, o da Xunta e o propio Íñigo de la Serna inauguraron esta actuación en Moaña.

Con todo, e xa que a interevención sobre a ponte continuou desde entón, De la Serna foi preguntado este mércores nun acto en Santiago pola data prevista para a súa culminación. “Non lle podo dar unha data agora mesmo exacta”, respondeu aos xornalistas, ante os que subliñou que se está “traballando moi intensamente”.

“Confiamos en que ao longo do mes de maio estean completamente finalizadas”, apuntou. Previamente, cuestionado por cando se materializarán todos os incrementos das peaxes que prevé acometer a concesionaria da autoestrada (un dos tramos, correspondente a esta ampliación), o ministro limitouse a indicar que “se segue traballando aínda niso cos trámites previos”.

Por último, interrogado sobre cando se vai a librar de peaxe o tramo Vigo-Redondela, sinalou que “se está no proceso”, que “non é un trámite fácil“. “Pero estamos a traballar moi intensamente para tentar facelo canto antes“, subliñou.

“MOITOS MESES”

Todos estes trámites, xa o avisamos, en moitas ocasións levan moitos meses. Está a traballarse niso, queremos darlle todo o impulso que podamos darlle, estamos en conversacións intensas co concesionario, están a analizarse os tráficos inducidos por se fose necesario actuar sobre a infraestrutura, se se supón que o tráfico inducido pode xerar algún problema, e ata que non estean resoltos estes asuntos é imposible avanzar máis”, explicou.

Neste sentido, concluíu que o compromiso do ministerio é “acurtar os prazos ao máximo“, pero insistiu en que “non é unha tramitación sinxela a de poder chegar a unha bonificación dunha peaxe”.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...