InicioSociedadeA Asociación para a Defensa da Sanidade Pública urxe ao Sergas que...

A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública urxe ao Sergas que compre Povisa

En Marea, desde o Grupo Mixto do Parlamento de Galicia, rexistrou unha iniciativa para dar unha "saída eficaz" a este complexo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) considera que “con carácter urxente” a Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), debe “rescatar” o hospital Povisa de Vigo “para evitar males maiores á poboación”.

Neste mesmo sentido, En Marea, desde o Grupo Mixto do Parlamento de Galicia, rexistrou unha iniciativa para dar unha “saída eficaz” a este complexo. Segundo defende a deputada Paula Vázquez Verao, o que “ten sentido” para “manter a calidade asistencial e o persoal actual” é que sexa “o propio Sergas” o que se faga cargo de Povisa.

Por unha banda, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública mostra o seu rexeitamento “de forma enérxica” contra a inminente compra do hospital por parte do grupo Ribera Salud, propiedade ao 90 por cento da aseguradora norteamericana Centene Corporation. Segundo ADSP, esta multinacional “dedícase desde hai anos a comerciar coa saúde de boa parte da poboación estadounidense”.

Ademais, a plataforma incide en que esta adquisición supón “un paso máis na estratexia” da Xunta de Alberto Núñez Feijóo de “pór a sanidade pública galega en mans do capital norteamericano”.

En vista das perdas millonarias alegadas por Povisa hai un ano para solicitar a súa entrada en concurso de acredores, ADSP considera “rechamante” que Centene Corporation poña interese en adquirilo. Iso implica que “ten pensado recortar o persoal de 1.350 traballadores, reducir aínda máis as prestacións á poboación” –máis de 135.000 pacientes da área de Vigo– ou que o Sergas “lle prometese nova e importantes melloras” no concerto.

Pola súa banda, En Marea critica que a resposta da Xunta ao coñecer a posible venda fose “tan só” que “esixirá e defenderá o mantemento da calidade asistencial na área sanitaria e o mantemento dos postos de traballo”.

A deputada do Grupo Mixto Paula Vázquez Verao considera que esta resposta de Sanidade “é tramposa”, porque “obvia que Povisa é o único centro sanitario privado de Galicia que ten asignado un sector da poboación, o único que mantén un concerto singular co Sergas que o converte no hospital de referencia” para máis de 135.000 persoas.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...