InicioSociedadeVigo e Galicia reafirman o seu compromiso humanitario cos refuxiados saharauís

Vigo e Galicia reafirman o seu compromiso humanitario cos refuxiados saharauís

Vigo acolleu a Conferencia Internacional de Cidades Solidarias co Pobo Saharauí

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo e Galicia reafirmaron este venres o seu compromiso humanitario co pobo do Sahara Occidental e cos refuxiados dos campamentos. Así o trasladou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que inaugurou a Conferencia Internacional de Cidades Solidarias co Pobo Saharauí, nun acto celebrado no Museo Verbum de Vigo e organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) e a Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí.

Alfonso Rueda, que en decembro de 2014 visitou os campamentos de Tinduf, onde puido comprobar a situación dos refuxiados, destacou que a solidariedade con este pobo non se dá só por parte das institucións, senón que a cidadanía, a través de iniciativas como ‘Vacacións en Paz’, demostra tamén o seu compromiso e proximidade.

O vicepresidente galego lembrou que a Xunta colabora con SOGAPS na prestación de axuda sanitaria na ‘wilaya’ de Bojador e na construción dun centro de cancro de mama na Daira 27. Ademais, a cooperación con esta organización permitiu nos últimos anos levar á práctica outros proxectos de emerxencia alimentaria e axuda sanitaria nos campamentos de refuxiados de Tinduf.

Esta cooperación enmárcase dentro do Plan Director de Cooperación Galega 2018-2021, que identifica como prioridade da acción humanitaria a poboación saharauí. Así, o plan ten como un dos seus obxectivos contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas refuxiadas, con especial atención á infancia, mulleres embarazadas e persoas maiores.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...