InicioSociedadeDenuncian escaseza de ambulancias na área metropolitana de Vigo e a privatización...

Denuncian escaseza de ambulancias na área metropolitana de Vigo e a privatización do servizo

Critican que esta dediciencia está a ser paliada con empresas que non garanten os mínimos estándares de calidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) no servizo de ambulancias do 061 denunciou este martes que de vehículos dos que dispón a área metropolitana de Vigo son incapaces de satisfacer a crecente demanda, a cal está a ser paliada con empresas que non garanten os mínimos estándares de calidade.

“A demanda de asistencia na área de Vigo no período 2015-2019 aumentou un 20 por cento”, explicou Óscar Graña, delegado de CIG no Servizo Urxencias Sanitarias 061 en Cangas, quen aclarou que o 061 é unha fundación pública que subcontrata servizos e cada catro ou cinco anos licita con empresas concesionarias como se teñen que realizar eses servizos.

En consecuencia, o sindicato esperaba “un aumento de recursos” de cara ao concurso que se empeza a poñer en marcha o próximo 16 de outubro ata 2022, pero “a sorpresa” foi que se atopou con que o mesmo numero de ambulancias: seis de día e tres de noite ata o ano 2022.

“Ata onde imos chegar?”, pregúntase Graña, que a continuación explica que é o que fixo o 061 en lugar de aumentar o número de traballadores e ambulancias.

“O que fai é contratar empresas privadas que están fóra do concurso público, por tanto fóra do control e supervisión do 061″, denuncia.

“Concretamente en Vigo contrata a unha empresa de ambulancias que se chama COEXAM ( Coopertaiva Estremeña de Ambulancias) e que está a realizar todos os servizos que a rede de transporte sanitario en Vigo non pode asumir, e isto supón que a día de hoxe estas empresas fan o mesmo numero de servizos que unha ambulancia da rede de transporte sanitario público, non é un servizo puntual”, explicou.

Segundo Graña, esta solución é “irregular”, aínda que asegurou que “o verdadeiramente grave” é que esta empresa “usa vehículos de transporte para persoas de servizo programado” que non poden facer servizos urxentes como as ambulancias ao uso e ás que lles falta capacidade, material e persoal.

A CIG denuncia que nestes vehículos mesmo viaxa persoal que carece da titulación necesaria para realizar os labores que se requiren a bordo.

“Cando alguén chama ao 061 en Vigo, pode suceder que o servizo que se lle ofrece sexa por parte dunha empresa que envía unha ambulancia inadecuada, moitas veces cun só condutor que non pode facer ningún tipo de atención durante o traslado, e que ademais esa persoa non teña titulación sanitaria. Isto, que parece de tolos, sucede”, afirmou Graña.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...