InicioSociedadeVigo conta cun novo xulgado do Social

Vigo conta cun novo xulgado do Social

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo conta desde este luns cun novo xulgado do Social, que forma parte da ampliación da planta adxudicada polo Ministerio de Xustiza a Galicia, e ponse en marcha o primeiro día posible, segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen lembrou que o Goberno ofrecía a posibilidade de que os novos xulgados entrasen en funcionamento de forma graduada ao longo do cuarto trimestre do ano.

Rueda xustificou a urxencia na posta en marcha desas unidades, “dada a carga de traballo” que acumulan os xulgados galegos, e puxo o exemplo da xurisdición Social en Vigo, onde este luns visitou o novo xulgado, acompañado polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta na cidade, Corina Porro.

O xulgado do Social número 6 de Vigo empezou a funcionar con xuíz e oito funcionarios, ademais do letrado da Administración de Xustiza, e contribuirá a “desconxestionar” unha xurisdición cunha sobrecarga de asuntos estimada nun “165 por cento”, segundo apuntou o propio Alfonso Rueda.

O novo xulgado vigués arrinca nunha sede provisional (onde antes estivo habilitado un xulgado para os afectados por preferentes), que ocupará ata que as dotacións xudiciais viguesas se trasladen, no verán de 2020, á nova Cidade da Xustiza (no que antes era o Hospital Xeral).

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...