InicioSociedadeCursos gratuítos de condución segura de motocicletas este domingo en Vigo

Cursos gratuítos de condución segura de motocicletas este domingo en Vigo

As clases impartiranse en quendas de 20 persoas, en horario de mañá e tarde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta impartirá este domingo en Vigo unha nova edición dos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas, dirixidas aos usuarios de todo tipo de motocicletas, incluídos aqueles con permiso de conducir B+3, A1, A2 e A que queiran mellorar o control da moto dunha maneira máis segura e eficiente.

Na xornada, que se celebrará nas proximidades do aparcadoiro gratuíto situado fronte ao número 43 da Avenida de Samil, participarán en total 40 motoristas. As clases impartiranse en quendas de 20 persoas, en horario de mañá e tarde.

A formación constará dunha parte teórica, na que se abordarán asuntos como o equipamento para a protección individual, o estado e mantemento da motocicleta, as situacións de risco como a climatoloxía adversa, as freadas, os xiros ou os adiantamentos.

Os asistentes tamén levarán estes conceptos á práctica coa realización de manobras en parado, accións de axilidade e equilibrio, freadas, traxectorias e un itinerario final que inclúe todos os movementos anteriores.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...