InicioSociedadeSobre 300 persoas participarán na Depoandaina por Cangas e Cíes este domingo

Sobre 300 persoas participarán na Depoandaina por Cangas e Cíes este domingo

Segundo informou a Deputación de Pontevedra, trátase dunha das rutas que maior expectación levantou das programadas para este ano, xa que as prazas esgotáronse tan só seis minutos despois de que abrise o prazo de inscrición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 300 persoas participarán este domingo, 29 de setembro, na nova Depoandaina que transcorrerá por Aldán, no Concello de Cangas, e as Illas Cíes. Segundo informou a Deputación de Pontevedra, trátase dunha das rutas que maior expectación levantou das programadas para este ano, xa que as prazas esgotáronse tan só seis minutos despois de que abrise o prazo de inscrición, o pasado 2 de setembro, e a lista de espera sumou máis dun centenar de persoas.

Este é o quinto itinerario do sete que conforman esta edición das Depoandainas, programadas pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo. Desenvolverase pola mañá e pola tarde.

Así, na ruta da mañá, as persoas participantes partirán ás 10,30 horas do porto de Aldán para unha primeira camiñada de tres quilómetros polo Bosque Encantado, coa senda dos muíños, a leira do Fredoal, o arco da Condesa e o castelo. Ao final, e despois dun aperitivo, dirixiranse ao porto de Cangas, desde onde tomarán o barco con destino ás Illas Cíes. Alí gozarán dun xantar e realizarán posteriormente a ruta do Monte Faro. En total, a DepoAndaina suma 10,5 quilómetros (3 en Aldán e 7,5 en Cíes) e ten unha dificultade media.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...