InicioSociedadeVeciños de Bouzas denuncian censura contra as súas protestas polo mal estado...

Veciños de Bouzas denuncian censura contra as súas protestas polo mal estado do paseo

Critican que operarios do Concello retiraron os carteis cos que denunciaban o mal estado do paseo e que as obras leven paralizadas un ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Indignación entre os veciños de Bouzas. Operarios do Concello retiraron do paseo de Bouzas os carteis cos que a veciñanza protestaba polo mal estado do paseo e o peche do mesmo desde hai un ano. No valado, unha nova pancarta denunciaba a censura con esta mensaxe: “Quitáronnos os carteis! Liberdade de expresión”.

Precisamente, este mércores a situación do paseo de Bouzas volvía ao centro do debate político, coa denuncia do portavoz local do PP, Alfonso Marnotes, quen criticou o mal estado do paseo de Bouzas e que permaneza pechado desde o verán pasado debido a esta situación, mentres que o alcalde, Abel Caballero, avanzou que o Concello sufragará o arranxo.

O rexedor olívico responsabilizou o ex-presidente do Goberno Mariano Rajoy e a ex-ministra de Fomento Ana Pastor do mal estado do paseo. Así, denunciou que o antigo Executivo non levou a cabo “ningunha actuación” para “mantelo”.

Mentres, o portavoz local do PP, Alfonso Marnotes, reprobou as críticas ao Executivo que presidía Mariano Rajoy. Así, puxo o foco en que “hai un ano” que Pedro Sánchez foi investido presidente do Goberno e en que, con todo, a situación do paseo vigués non cambiou.

Paseo de Bouzas / © Miguel Núñez

Nese sentido, achacou a deterioración da zona, que, ao seu xuízo, “prexudica ao turismo“, ao feito de que Abel Caballero fose “incapaz” de “entenderse” con outras administracións públicas. Tamén lembrou que xa se realizaron actuacións na zona en 2014 e que a mellora do paseo foi unha promesa electoral do PSOE. Por esta razón, Marnotes preguntou cal é o “problema” que impide que o Concello aínda non solucionase esta situación.

Así, asegurou que, se este paseo se atopase xunto ás praias de Samil ou O Vao, “xa estaría arranxado”, polo que acusou ao goberno local de clasificar á vía de Bouzas como de “segunda categoría”.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...