InicioSociedadeSinaí Giménez, á entrada dos xulgados en Pontevedra: "Eu a presión mediática...

Sinaí Giménez, á entrada dos xulgados en Pontevedra: “Eu a presión mediática aguántoa perfectamente”

Será xulgados por unha pelexa no mercadillo de Cangas e por agredir a gardas civís e un avogado en Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O supostamente autodenominado como o ‘rei dos xitanos de Galicia’, Sinaí Giménez, acudiu este martes ao Xulgado do Penal 1 de Pontevedra para sentar no banco xunto a varios membros da súa familia, coñecidos como o clan de “Los Morones‘, acusados de agredir a un avogado e a seis gardas civís ás portas do xulgado de Tui no ano 2014. “Eu a presión mediática aguántoa perfectamente”, destacou.

Sinaí Giménez dixo á súa chegada á sede xudicial en Pontevedra que están “todos tranquilos”. “Porque sei que nada do que se di é certo”, abundou. Sobre a gran presenza de medios de comunicación que acudiron este martes ao edificio dos xulgados da Parda para seguir este xuízo, subliñou: “Eu a presión mediática aguántoa perfectamente”.

Tamén hai un amplo despregamento de seguridade con ao redor de 20 axentes, tres furgóns da O.I.P. as Unidades de Intervención Policial e dúas dotacións da Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...