InicioSociedadeAs obras da gran pasarela mecánica de Gran Vía en Vigo comezan...

As obras da gran pasarela mecánica de Gran Vía en Vigo comezan a próxima semana

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, confirmou este venres en rolda de prensa que as obras de reforma da Gran Vía iniciaranse a próxima semana, no que será “o maior proxecto de pasarelas ao aire libre de Europa”.

Segundo explicou o rexedor, a colocación das ramplas entre María Berdiales e Venezuela iniciarase o martes, unha obra que conta cun orzamento de algo máis de 5 millóns de euros e que inclúe renovación de redes, reordenación de tráfico, espazos abertos de descanso, iluminación e conexións con edificios.

Así, en palabras de Abel Caballero, trátase “dunha obra 4.0, coas últimas tecnoloxías e dialéctica interactiva” e que inclúe “as primeiras pasarelas mecánicas e de maior lonxitude que se fixeron nunca neste país”.

As obras teñen un prazo de execución de 8 meses e, ademais de mellorar a mobilidade con esas pasarelas, permitirán dobrar o volume de masa vexetal. “É unha obra que a cidade espera con expectación”, apuntou o alcalde, quen lembrou que esta é a primeira fase dunha actuación que prevé estenderse ata a Praza de España e, posteriormente, cara á Praza de América.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...