InicioSociedadeTres familias de Vigo denuncian que a Xunta retira un coidador para...

Tres familias de Vigo denuncian que a Xunta retira un coidador para nenos discapacitados no colexio

Advirten de que a coidadora que queda "non dá abasto" e que, en lugar de inclusión, se favorece a "discriminación"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres familias de Vigo denunciaron este mércores a retirada, por parte da Xunta, dun dos dous coidadores que atendían aos seus fillos –con diferentes discapacidades– no comedor do CEIP Carrasqueira da cidade olívica, “sen previo aviso” e sen argumentar a decisión.

As nais destes menores explicaron que dous dos nenos (un con síndrome de down e outro con hemiparexia) tiñan asignadas dúas coidadoras para o comedor, mentres que outro deles, con síndrome ‘X fráxil’, foi considerado o suficientemente autónomo para non necesitar axuda, nunha decisión que, segundo a súa nai, “se tomou en dez minutos”.

En todo caso, os menores contaban con eses dous apoios no comedor (xestionado pola Xunta) ata decembro e, á volta de vacacións do Nadal, “sen previo aviso e sen consultalo co centro”, retirouse un dos coidadores.

Segundo explicaron, o que debería ser unha medida de inclusión converteuse en todo o contrario, porque “a coidadora que queda non dá abasto”.

“SITUACIÓN INXESTIONABLE”

“A situación é inxestionable. Se un dos nenos ten que ir ao baño, ten que levar aos tres, porque non os pode deixar sós“, apuntou Ana María Fernández, quen lamentou: “Isto non ten nada de inclusión, é discriminación”.

A ese respecto, outra das nais, Paula Valiño, sinalou que se creou “un gueto”, porque obrigan os tres nenos a estar sempre xuntos para poder ser atendidos, a pesar de que teñen necesidades e idades dispares.

Finalmente, Clara Pereira engadiu que a situación empeorará o curso que vén, porque algún dos nenos estará “noutro patio e noutro comedor”. Se queda unha única coidadora, “terá que partirse á metade”, ironizou, e lembrou que, aínda que “o normal” sería que cada neno tivese unha coidadora, aspiran a que, polo menos, “reintégrese o segundo coidador”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...