InicioVigo e contornaRedondelaO ministro Méndez de Vigo sobre a Festa do Choco de Redondela:...

O ministro Méndez de Vigo sobre a Festa do Choco de Redondela: “Uno no se la puede perder”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Redondela e a súa gran Festa do Choco saíulle este ano un gran embaixador, o ministro de Cultura e portavoz do Goberno español, Íñigo Méndez de Vigo, que destacou a importancia deste evento gastronómico na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

“Yo no la conozo, pero me dijo un pajarito gallego que uno no se la puede perder“, dixo o ministro botando unha pequena gargallada cómplice cos medios de comunicación. Foi unha das súas recomendacións, xunto con outras,  como o espectáculo “Bailadora” de Sara Baras; Rock familiar en Zamora, Geolodía ou os eventos deportivos da fin de semana.

A Festa do Choco, declarada de Interese Turístico de Galicia, arrincou este venres e, durante toda a fin de semana encherá Redondela de numerosas actividades gastronómicas, culturais e musicais. O obxectivo do concello este ano é superar as 30.000 persoas.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...