InicioVigo e contornaO PorriñoA Audiencia de Pontevedra confirma a absolución do exalcalde do Porriño, Nelson...

A Audiencia de Pontevedra confirma a absolución do exalcalde do Porriño, Nelson Santos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou a sentenza ditada por un xulgado penal da cidade e ratificou a absolución de Nelson Santos, quen fora alcalde do PP no Porriño (Pontevedra), e dun dos seus concelleiros, José Manuel Jacobo, que se encargaba da área de Contratación.

O exrexedor e o exconcelleiro foron xulgados por suposta prevaricación administrativa, en relación ao pago de 134 facturas emitidas a varias empresas, ás que se adxudicaron obras e servizos de forma directa, sen proceso de licitación. En todos os casos, o interventor presentaba reparos ao pago das facturas e o reparo era levantado posteriormente por decreto do alcalde, para proceder ao abono desas facturas, emitidas entre 2010 e 2013.

O xulgado Penal ditou sentenza absolutoria na que admitía que se adxudicaron e pagado eses servizos á marxe da lei de contratación pública, pero xustificaba dita absolución pola “imposibilidade” do Concello do Porriño de licitar eses contratos nun prazo breve de tempo, xa que non dispuña de persoal suficiente nin adecuado para facer a tramitación.

A Fiscalía recorreu ese fallo, ditado en xuño do ano pasado, e agora a Audiencia rexeitou ese recurso de apelación e confirmou a sentenza, nunha resolución firme.

Na mesma liña que o xulgado de primeira instancia, o tribunal provincial incidiu en que “a mera ilegalidade da decisión non é suficiente para a integración do delito” e que as normas administrativas “prevén supostos de nulidade controlables pola xurisdición contencioso-administrativa”.

“En suma, non conclúe o juzgador coa necesaria certeza que se tratou dunha actuación que respondese única e exclusivamente á súa vontade e capricho, senón que, e aí radica a diferenza con outros supostos, queda a dúbida sobre a real posibilidade de licitar os contratos”, sinalou a Audiencia.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...