InicioSociedadeA Universidade de Vigo, primeira en España en aprobar unha medida para...

A Universidade de Vigo, primeira en España en aprobar unha medida para paliar a ‘fenda de coidados’

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este luns por unanimidade a adopción dunha medida de "acción positiva" para paliar a chamada 'brecha de coidados' e evitar que a crianza dos fillos ou o coidado dalgún familiar penalice ás investigadoras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este luns por unanimidade a adopción dunha medida de “acción positiva” para paliar a chamada ‘fenda de coidados’ e evitar que a crianza dos fillos ou o coidado dalgún familiar penalice as investigadoras.

Así, nunha medida pioneira, acordar que as investigadoras da Universidade de Vigo teñen dereito a solicitar que a avaliación da súa produción científica, docente ou de transferencia sexa equivalente á media que alcanzasen no cinco anos antes da crianza dun fillo (ata que o menor teña seis anos), ou do coidado directo dun familiar que non poida valerse por si mesmo pola súa idade avanzada, por accidente ou enfermidade grave, ou que estea a recibir atención psicolóxica por sufrir violencia de xénero.

Esta medida, vixente ata a convocatoria de avaliación inmediatamente posterior a esta situación, estenderase a calquera investigador da Universidade que obtivese un permiso ou excedencia para crianza de fillos ou coidado dun familiar, previo informe favorable da Unidade de Igualdade da institución académica viguesa.

O reitor da UVigo, Manuel Reigosa, sinalou que existe “unha inxustiza de base”, que forma parte do “teito de cristal” que as mulleres científicas atopan ao longo da súa carreira, e defendeu que, aínda que esta medida non acabe definitivamente con ese teito, é un recoñecemento ás dificultades e obstáculos cos que se atopan esas mulleres.

Na sesión do Consello de Goberno deste luns tamén se abordou a situación de catro titulacións cuxa viabilidade pode estar en risco pola baixa matriculación, como son Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; Enxeñaría Forestal; Enxeñaría Agrícola; e Dirección e Xestión Pública. Segundo apuntou o reitor, os catro graos están “salvados” e “este ano abrirase a matrícula”.

Por outra banda, e con respecto á polémica polo grao de Robótica Forestal, Reigosa confirmou que se segue “negociando” o seu futuro. “A Universidade de Santiago aposta porque o título figure só como Robótica, e Vigo estaría disposto a alcanzar un novo acordo que nos satisfaga”, sinalou.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...