InicioSociedadeVigo, cidade máis limpa de Galicia e terceira en España, segundo os...

Vigo, cidade máis limpa de Galicia e terceira en España, segundo os cidadáns

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo é a cidade que obtén a mellor valoración da limpeza por parte dos seus cidadáns, con 76 puntos. Mentres, A Coruña (42) e Lugo (40) sitúanse entre as máis sucias, segundo un estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) sobre os servizos municipais de 60 municipios.Do informe despréndese que a limpeza viaria nas principais cidades españolas empeorou. A valoración media que dan os usuarios descendeu de 55 a 53 puntos, sobre 100.

Oviedo é unha vez máis a cidade que obtén a mellor valoración da limpeza por parte dos seus cidadáns con 79 puntos. Séguenlle Bilbao (77), Vigo (76) e Logroño (74). Pola contra, as cidades de Conca (36) Alcalá de Henares (36) Alacante (34) e Xaén (31) son as que peores resultados obteñen. A metade das cidades do estudo obteñen unha valoración por enriba de 50, o resto suspende.

OCU realiza cada 4 anos un estudo sobre a limpeza nas cidades. Para a súa realización OCU ten en conta, por unha banda, os datos proporcionados polos diferentes concellos (16 deles non facilitaron ningunha información) e doutra unha enquisa á que responderon 5.260 veciños na que dan a súa valoración sobre diferentes aspectos relacionados coa limpeza da súa cidade.

No estudo tivéronse en conta diversos parámetros como son o tipo de xestión, o orzamento por habitante, os recursos empregados a partir da información facilitada polos responsables municipais e contrástase coa satisfacción que os veciños teñen coa xestión da limpeza na súa cidade e con aspectos concretos, como a situación da limpeza en rúas e beirarrúas, o estado de parques e xardíns, os excrementos animais, a contorna dos colectores, a contaminación, e a limpeza nos barrios da periferia.

PINTADAS E EXCREMENTOS

Do estudo de OCU despréndese que a presenza de excrementos animais na vía pública, as pintadas e a sucidade na contorna dos colectores son os factores que máis inciden nunha valoración negativa por parte dos usuarios.

En determinadas cidades tamén preocupa a existencia de puntos negros –problemas co botellón, mercadillos, ou certo abandono de barrios periféricos– aínda que en relación co estudo de 2015, un 11% menos de veciños destacan a existencia destes puntos negros.

OCU comparou a evolución nos últimos 25 anos E Bilbao é a cidade que máis mellorou neste período, cun aumento de 31 puntos na satisfacción dos seus veciños. Séguenlle Pontevedra e Vigo que subiron 19 e 17 puntos respectivamente. Todo o contrario que A Coruña, Palma de Mallorca e Tarragona que descenderon en 19 puntos durante este período.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...