InicioVigo e contornaRedondelaDeclarado por unanimidade culpable de asasinato o acusado do crime da praia...

Declarado por unanimidade culpable de asasinato o acusado do crime da praia de Arealonga

O xurado considera que nin baixo os efectos dunha intoxicación plena por alcol, nin baixo un cadro de síndrome de abstinencia.

PUBLICADO O

O tribunal de xurado que xulgou a José Luís L.P., acusado de matar a un mozo na praia de Arealonga, en Redondela (Pontevedra), na noite de San Juan de 2017, declarouno, por unanimidade, culpable de asasinato e considerou que non se acreditaron as circunstancias eximentes e atenuantes expostas polo seu defensa.

Así, todos os membros do xurado entenderon que o acusado, nesa madrugada, matou a Daniel Beltrán Pinto dun disparo, cando o mozo lle chamou a atención por disporse a mexar desde unha varanda sobre a praia, onde había varias persoas.

Ademais, consideraron probado que disparou de forma sorpresiva e sen dar á vítima, que faleceu case de inmediato (a bala atravesoulle o corazón e un pulmón), a oportunidade de defenderse.

Por outra banda, o tribunal popular tamén considerou, por unanimidade, un feito probado que José Luís L.P. cometeu unha tentativa de asasinato ao disparar a unha testemuña que lle increpou cando viu o ocorrido con Daniel. O acusado disparoulle por detrás cando esta testemuña escapou correndo ao ver que facía o ademán de apuntarlle co revólver que levaba.

Con respecto á acusación de tenencia ilícita de armas, o xurado unanimemente considerou probado este delito, e lembrou, na argumentación do seu veredicto, que José Luís L.P. ten varias condenas anteriores por ese mesmo feito.

TENTATIVA DE HOMICIDIO

O único feito no que o xurado non foi unánime, aínda que si o considerou probado por maioría, foi o de tentativa de homicidio. Así, 7 membros dos 9 que compuñan o tribunal, entenderon acreditado que o acusado tentou sacar a arma da bandoleira na que a levaba, co fin de disparar aos dous axentes de Policía Nacional que o detiveron.

A ese respecto, na súa argumentación deron por válida a afirmación de que “se José Luís L.P. non chegou a sacar a arma nese momento foi porque os axentes –que se abalanzaron sobre el para inmobilizalo–impedírono”. E todo iso, despois de ignorar as indicacións dos policías de que se detivese e mostrase as súas mans, que levaba ocultas tras a bandoleira.

“SABÍA O QUE FACÍA”

O xurado rexeitou as circunstancias eximentes e atenuantes esgrimidas pola defensa durante o xuízo, e consideraron que o acusado non actuou nin baixo os efectos dunha intoxicación plena por alcol, nin baixo un cadro de síndrome de abstinencia.

Do mesmo xeito, desestimaron que José Luís L.P. padeza un trastorno ou enfermidade psiquiátrica que lle leva a actuar por arrebato, e consideraron probado que “sabía o que facía”. Finalmente, tamén foi unánime ao solicitar que non se lle apliquen beneficios de suspensión da pena ou da posible concesión de indulto.

PETICIÓN DE PENAS

A Fiscalía pediu para el penas que suman 42 anos de cárcere (20 polo asasinato, 10 pola tentativa de asasinato, outros 10 pola tentativa de homicidio e 2 anos pola tenencia ilícita de armas); ademais de solicitar que se lle prohiba achegarse á familia da vítima durante 30 anos e á testemuña ao que disparou durante 20 anos. Así mesmo, o Ministerio Público adheriuse á petición de indemnización reclamada pola acusación particular.

ÚLTIMAS

Condenados a 5 e 4 anos de cárcere os dous acusados de dar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou aos...

Deteñen en Vigo un home por agredir ao seu fillo de 13 anos cun cinto e unha botella de plástico

Un home, P.A.V.S. de 43 anos de idade, foi detido na tarde deste pasado...

Os traballadores de Vitrasa protestan durante o acto da Constitución e Caballero sae escoltado por Policía Nacional

Os traballadores de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, trasladaron este martes as...

Máis de mil vigueses xa teñen representación no caso do Cártel dos Coches con 40.000 afectados en Galicia

A oficina de Vigo do despacho BGI LAW representa xa a máis de 1.000...