InicioSociedadeSeis meses de cárcere para catro mozos de Vigo por desordes públicas...

Seis meses de cárcere para catro mozos de Vigo por desordes públicas nunha manifestación de estudantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 3 de Vigo ditou sentenza na que condena a catro mozos a 6 meses de prisión cada un, como autores dun delito de desordes públicas, polos altercados que se produciron nunha manifestación estudantil celebrada na cidade olívica en febreiro de 2014.

Durante esa protesta, a Policía identificou a varios mozos, aos que atribuíu diferentes actos vandálicos, como envorcar colectores, ou lanzar pedras contra sucursais bancarias e contra o edificio da delegación territorial da Xunta.

Tras varias suspensións do xuízo, finalmente celebrouse unha vista na que sentaron como acusados 8 mozos, por desordes públicas e atentado contra axentes da autoridade, aínda que a Fiscalía retirou a acusación con respecto a tres deles.

Na sentenza, a xuíza considera probado que, durante esa manifestación, se produciron altercados, nos que participaron catro dos acusados. No entanto, considera que non se probou de forma indubitada a participación dos outros catro procesados.

Por outra banda, tivo en conta a atenuante simple de dilacións indebidas polo que resolveu condenar a catro dos mozos a 6 meses de prisión cada un (a Fiscalía pedía 2 anos de cárcere) por desordes públicas, mentres que os absolve do delito de atentado contra axentes da autoridade (que reclamaba a acusación particular, ejercidada por dous policías).

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...