InicioSociedadeSuspenden un xuízo por estafa debido a un suposto pago dun banco...

Suspenden un xuízo por estafa debido a un suposto pago dun banco que Fiscalía cre ficticio

A Fiscalía sinalou que o Banco de España acreditou que a entidade en cuestión non existe, polo menos en España

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un pago procedente de S.M., suposta responsable dunha entidade bancaria -U. Bank Ltd. Europe- que a Fiscalía supón que é ficticia, e depositado na conta do xulgado, levou a suspensión dun xuízo por estafa que se fixou para este xoves na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, radicada en Vigo.

En concreto, trátase da devolución dun pago de 17.882 euros -máis intereses- a J.P.R, quen transferira esta cantidade como seguro para acceder a un préstamo da entidade que non se realizou. Ademais, tampouco se lle devolveu esa cifra depositada como sinal. Dado que esta transferencia se realizou esta semana, o xuízo suspendeuse co obxectivo de verificar a orixe do ingreso.

A Fiscalía sinalou así mesmo que o Banco de España acreditou que U. Bank Ltd. Europe non existe como entidade de préstamo, polo menos en España. Pide así para o acusado 4 anos e 6 meses de prisión e unha multa de 11 meses cunha cota diaria de 10 euros por un delito continuado de estafa agravada, así como o pago dos 57.117 euros que considera que se defraudaronas tres presuntas vítimas, mais os intereses pertinentes.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...