InicioSociedadeDora, muller excepcional de Tomiño, onde naceu en 1919: máis de cen...

Dora, muller excepcional de Tomiño, onde naceu en 1919: máis de cen anos de traballo e paixón polos seus

Adoración é só unha das máis de dez persoas con máis de 100 anos do concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tomiño é un concello con cifras importantes de poboación moza. Na actualidade ten 13.852 habitantes, dos cales un 51% son homes e un 49% mulleres, sendo o grupo máis amplo o de poboación activa con 7.628 habitantes e tendo tamén un bo número de poboación infantil e adolescente (2398 habitantes).

Aínda así, o concello ten máis dunha decena de persoas centenarias na actualidade e os habitantes de entre 80 e 104 anos superan os 930. Entre eles, está Adoración “Dora” Lamela Calvo, que vén de facer os 100 hai uns días.

Ela é un caso excepcional, xa que se atopa no pleno uso das súas facultades físicas e psíquicas, de memoria… Os seus coidadores, María Luisa (filla) e Modesto (xenro) teñen moito que ver con este benestar; tamén o resto da familia (tres fillos, cinco netos e cinco bisnetos).

Todos os días reúnense na casa familiar para disfrutar da matriarca da familia, que coñece perfectamente a cada quen e pregunta diariamente por eles. Entre os seus cinco netos (Isabel, Rosario, Pablo, Samuel e Daniel), a primeira é coma unha filla, xa que a criou e están moi unidas.

Dora está ben e na súa festa de aniversario tivo unha festa moi bonita, na que non faltaron nin sequera as treboadas e as bombas de palenque. Naceu o 10 de febreiro de 1919 en Tebra (Tomiño) e con 26 casouse con Daniel Martínez. Con el tivo catro fillos (Mª Luisa, Adelina, Nieves e José) e traballou na casa e máis no campo.

Eran tempos difíciles no que so gañaba tres perras nunha xornada. Ademais e por esas cousas da vida rural de aqueles anos, converteuse en practicante e puña inxeccións a todos os veciños e veciñas, sen cobrar.

Agora pasa as súas horas en compañía dos seus familiares, mirando a tele e dando algún que outro paseíño corto. A alcaldesa comprometeulla a visitar o novo mercado municipal e a Casa do Concello, durante a súa visita da semana pasada, en compañía da concelleira de Benestar.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...