InicioSociedadePolémica por un videoclip con "consignas independentistas" gravado en Ponteareas

Polémica por un videoclip con “consignas independentistas” gravado en Ponteareas

O grupo popular esixe que o salón de plenos municipais non se utilice con "fins partidistas", en alusión a esta peza audiovisual na que se poden escoitar frases como "Españois para que?, Galiza é a nosa nazón" e tamén críticas ao secuestro do libro 'Fariña'

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Ponteareas  esixiu explicacións ao alcalde, Xosé Represas, por permitir a gravación dun videoclip con “consignas independentistas” no salón de plenos do concello.

En rolda de prensa, a candidata do PP á Alcaldía, Belén Villar, asegurou que, ante esta situación, a tenente de alcalde e líder do PSOE local, Chus Garrote, debería “retirar o seu apoio” ao BNG -o grupo que goberna xunto co Partido Socialista e A Riada de Tea- – se Represas non se desculpa por esta situación.

En concreto, o videclip corresponde ao tema ‘Voz da Resistencia’, do dúo local Son da Rúa. Nel recóllense críticas relativas ao ‘secuestro’ do libro ‘Fariña’ de Nacho Carretero e versos como “Españois para que?, Galiza é nosa nazón”. A letra do tema tamén inclúe alusións ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que, en opinión de Villar, deberían provocar unha resposta por parte de Garrote.

Así mesmo, a candidata do PP á Alcaldía criticou que o alcalde “deixe o concello a disposición dos seus”, en referencia á militancia dun dos compoñentes do grupo musical en Galiza Nova. Ademais, afirmou que é necesario que a liberdade de expresión respecte os “límites democráticos e constitucionais” e insistiu na importancia de que o salón de plenos municipal non se utilice “con fins partidistas”.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...