InicioSociedadeCangas chora a morte dunha veciña no accidente de Etiopía

Cangas chora a morte dunha veciña no accidente de Etiopía

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Cangas do Morrazo (Pontevedra) decretou tres días de loito oficial pola morte de Pilar Martínez Docampo, unha das dúas vítimas mortais de nacionalidade española no accidente aéreo de Etiopía, e que era veciña do municipio.

Pilar Martínez Docampo, de 32 anos, traballaba como cooperante dunha ONG en Etiopía e viaxaba no avión da compañía Ethiopian Airlines que se estrelou pouco despois de despegar de Adís Abeba con rumbo a Nairobi.

O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, expresou, en declaracións a Efe, a súa consternación polo falecemento desta nova e trasladou á súa familia o seu apoio e predisposición a colaborar no que poida nos trámites de repatriación do cadáver.

Un ofrecemento que se suma ao da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, segundo confirmou a Efe o alcalde de Cangas, consciente de que “á dor da perda dun ser querido” súmaselle á familia o trámite “confuso” da repatriación.

Pazos engadiu que “calquera morte dun veciño é sentida”, pero neste caso súmase que a vítima era unha persoa nova e solidaria, polo que a corporación local quere expresar especialmente o seu “respecto e recoñecemento” con tres días de loito nos que as bandeiras da casa consistorial ondearán a media hasta.

ÚLTIMAS

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...