InicioPolíticaPodemos, Anova e EU reproducen o acordo das xerais en Vigo con...

Podemos, Anova e EU reproducen o acordo das xerais en Vigo con Rubén Pérez como candidato

Oriana Méndez (Anova) ocupa o número dous e Xaquín Pastoriza (Podemos), o tres

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal Marea de Vigo, Rubén Pérez, encabezará de novo a lista para as eleccións municipais do 26 de maio despois de que se ratificase a única lista presentada ás primarias.

Segundo informou este luns Marea de Vigo, o segundo e terceiro posto ocuparano a filóloga e militante de Anova Oriana Méndez e o profesor de secundaria Xaquín Pastoriza, que participou en Podemos Vigo e no 15M.

Ronsel Miller, militante de Esquerda Unida (EU) e técnica superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, e Ramón Lareu, filólogo e activista, formarán tamén parte da lista no cuarto e quinto posto.

Así mesmo, Iria Soltelo, enfermeira parte de Podemos Vigo, Néstor Vázquez, profesor e afiliado a Equo; e María Isabel González, licenciada en Filosofía e Letras e participante na Marea Feminista de Vigo; serán os ‘números’ 5, 6 e 7. A lista pecharana Guillermo Crego (EU), Ana Ardid e Óscar González (Podemos Vigo). Mentres, os postos do 12 ao 27 serán elixidos o Plenario da Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...