InicioSociedadeOs perigos da era dixital: "Cando tratamos ás máquinas como xente e...

Os perigos da era dixital: “Cando tratamos ás máquinas como xente e á xente como máquinas”

Está a xurdir nas sociedades avanzadas un 'medo á conversa?

PUBLICADO O

- Advertisement -

A actividade mensual de dinamización da lectura promovida pola biblioteca universitaria de Torrecedeira, propón para este mes a lectura de ‘En defensa da conversación (Ático de los libros)’, unha obra escrita pola socióloga e psicóloga estadounidense Sherry Turkle e na que se reflexiona acerca da realidade que hai detrás da tecnoloxía dixital.

A obra é un recordatorio sobre os perigos da era dixital e as consecuencias psicolóxicas e sociais da perda do intercambio verbal cara a cara. O estudo baséase en entrevistas a persoas de diferentes eidos da sociedade e na experiencia persoal da propia autora para dar a coñecer o medo á conversa que está a emerxer dado o uso descontrolado que se fai na actualidade das novas tecnoloxías.

“Fala de actitudes e hábitos, de medos e carencias, de comodidade e permisividade na vida pública e privada, Turkle solicita a nosa atención porque estamos a esquecer como falar entre nós”, explica Aser Fernández Rey, técnico especialista da biblioteca e co-organizador de reseñas, quen tamén fai fincapé en que “a pretensión da autora non é que abandonemos a tecnoloxía móbil, senón que aprendamos para que serve e como utilizala”.

Como con cada edición de reseñas, o persoal da biblioteca organiza un espazo e unha exposición inspirada no tema do libro, actividades que poden seguirse a través das súas redes Instagram e Twitter. O recuncho deste mes conta cunha mesa, un acuario con móbiles, un marco de fotos coa imaxe do filósofo Thoreau e tres cadeiras, algo que xurde porque Turkle comeza a súa publicación coa frase “na miña casa teño tres cadeiras: unha para a soidade, outra para a amizade e unha terceira para a sociedade”.

A autora engade a esta reflexión unha cuarta cadeira que equivalería ás máquinas, non para falar a través delas, senón para conversar con elas, “estamos a falar da diferenza entre simulación e realidade, da gran ironía que supón tratar ás máquinas como xente e á xente como máquinas”, conclúe o técnico da biblioteca.

 

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...