InicioEconomíaA UVigo tende lazos co sector do metal, máis do 21% do...

A UVigo tende lazos co sector do metal, máis do 21% do PIB galego

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, reuniuse este venres coa Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) na súa sede na cidade olívica, un encontro no que acordaron estudar novas liñas de colaboración nos ámbitos da educación, a innovación e o desenvolvemento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, reuniuse este venres coa Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) na súa sede na cidade olívica, un encontro no que acordaron estudar novas liñas de colaboración nos ámbitos da educación, a innovación e o desenvolvemento.

O presidente de Asime, Xusto Sierra Rei, sinalou o peso do sector do metal en Galicia, que representa “máis do 21 por cento do PIB” e emprega a “máis de 65.000 persoas”. “Para as persoas formadas nas universidades é un sector no que teñen moitas posibilidades dedesarrollar a súa carreira profesional”, sostivo.

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo manifestou que como institución pública teñen a “obrigación” de colaborar co tecido económico e empresarial para que isto repercuta en “unha mellora da sociedade galega en xeral e das condicións de emprego das empresas en particular”.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...