InicioSociedadeTemor ante a chegada dos VTC a Vigo

Temor ante a chegada dos VTC a Vigo

O grupo municipal Marea de Vigo solicitou ao goberno local que tome medidas "preventivas" para evitar a "suplantación ilegal" do transporte público por parte das coñecidas como licenzas VTC (Vehículo Turismo con Condutor), ante a chegada á cidade desta modalidade de transporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo solicitou ao goberno local que tome medidas “preventivas” para evitar a “suplantación ilegal” do transporte público por parte das coñecidas como licenzas VTC (Vehículo Turismo con Condutor), ante a chegada á cidade desta modalidade de transporte.

Así o trasladou o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen se reuniu este xoves, xunto co edil Xosé Lois Jácome, co portavoz da asociación Élite Taxi na cidade, Roberto Costas.

Marea reclamou ao goberno vigués “que se adiante” á entrada deste tipo de servizo e tome medidas, á vez que reclamou de novo que se elabore “cada tres anos” un estudo técnico sobre a situación do sector do taxi en Vigo.

A ese respecto, incidiu en que, se se detecta a necesidade de reducir o número de licenzas para garantir a rendibilidade do servizo, debe porse en marcha un mecanismo de “rescate de licenzas para a súa amortización mediante convocatorias públicas”.

Ese “plan de rescate”, sinalou o portavo de Marea, debe contar cun convenio marco de colaboración entre o Concello e as asociacións representativas do taxi.

Por outra banda, Rubén Pérez avanzou que, no próximo pleno, o seu grupo pedirá que se inclúa á asociación Élite Taxi no Consello Sectorial do Transporte do Concello de Vigo, xa que ten máis de 120 membros, está legalmente rexistrada, e “ten unha representatividade suficiente” como para formar parte deste órgano de participación.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...