InicioVigo e contornaRedondelaO sorteo do Cuponazo da ONCE deixa un premio de 100.000 euros...

O sorteo do Cuponazo da ONCE deixa un premio de 100.000 euros en Redondela

A administración xa dera un premio gordo en 2001.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un quiosco da ONCE en Redondela (Pontevedra) vendeu a un veciño un cupón do sorteo do Cuponazo premiado con 100.000 euros o pasado venres.

José Carlos Ruibal Fontán foi o axente vendedor da ONCE que levou a sorte e a ilusión a este cliente, do que descoñece a súa identidade porque comprara un bonocupón por TPV (Terminal Punto de Venda). Desde a ONCE sinalaron que se trata dun veciño de Redondela.

“Teño unha alegría, coma se tocáseme a min”, manifestou Ruibal a Europa Press este luns tras decatarse do suculento premio saído do seu establecemento. Este vendedor da ONCE ten un quiosco situado no número 1 de cálea Ribeira de Redondela.

Eu xa dei un premio gordo hai tempo, 50 millóns de pesetas no ano 2001″, recordou o vendedor da ONCE, quen explicou que o agraciado só terá que presentarse co seu cupón no banco para cobrar o premio de 100.000 euros.

O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de 9 millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie, segundo trasladou a ONCE.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...