InicioVigo e contornaRedondelaO PP vigués reclama a "gratuidade da peaxe" de Redondela nos orzamentos...

O PP vigués reclama a “gratuidade da peaxe” de Redondela nos orzamentos para 2019

Elena Muñoz instou ao Executivo a destinar unha partida presupostaria para "facer urbano o tramo da AP-9 ao seu paso por Teis". Insistiu en que é "unha prioridade" para o desenvolvemento da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz municipal do Partido Popular en Vigo, Elena Muñoz, solicitou ao Goberno que a “gratuidade da peaxe” de Redondela “se reflicta” nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2019

Elena Muñoz reuniuse este xoves con veciños do barrio vigués de Teis e do barrio redondelano de Chapela. Así, instou ao Executivo de Pedro Sánchez a incluír tamén nos orzamentos o “estudo para facer urbano o tramo da AP-9 ao seu paso por Teis desde as Torres de Padín”.

Segundo trasladou a popular, este estudo “desapareceu” dos orzamentos a pesar de tratarse de “unha prioridade” para a cidade. “Se o alcalde de Vigo non lle quere trasladar esta prioridade ao Goberno de España, nós ímolo facer”, aseverou.

Muñoz asegurou que o PP presentará emendas aos orzamentos tanto no Congreso como no Senado para que se inclúa unha partida orzamentaria con estes dous asuntos, dos que dixo que eran “imprescindibles” para o desenvolvemento de Vigo e da súa área metropolitana.

“Cando gobernaba o Partido Popular estabamos xa moi preto de conseguir esa gratuidade da peaxe de Rande e agora parece máis lonxe que nunca”, sostivo Muñoz.

A portavoz popular tamén estivo acompañada polos presidentes das asociacións de veciños de Teis, Antonio Collazos, e de Chapela, Marcial Pérez. O primeiro deles criticou que “aquí non se moveu nada en vinte anos, a peaxe de Redondela é aberrante”, para logo engadir que “o tramo urbano beneficiaría a toda a contorna”. “O tráfico tería máis fluidez para todos os que imos cara a Pontevedra”, apuntou.

“Isto é unha reivindicación unánime. É a única circunvalación de toda España na que hai que pagar para circular“, sinalou Marcial Pérez sobre a peaxe do tramo Vigo-Redondela pola AP-9.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...