InicioSociedadeO Porriño endurece as restricións de auga e pide reducir o consumo...

O Porriño endurece as restricións de auga e pide reducir o consumo ante a prealerta por seca

O Concello limitará as regas en parques, xardíns e campos de fútbol, reforzará a vixilancia de usos inadecuados e reclama a colaboración de empresas e veciñanza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello do Porriño intensificou as medidas de aforro de auga aplicadas durante as últimas semanas e pediu ás empresas e á veciñanza que reduzan o consumo ante a actual situación de prealerta. O Goberno local explicou que a escaseza de precipitacións e as altas temperaturas fan necesario incrementar as restricións no uso da auga e reforzar o control para detectar posibles usos inadecuados ou captacións ilegais.

LIMITACIÓN DAS REGAS E DOS USOS NON ESENCIAIS

O Concello deu a orde de limitar as regas en parques, xardíns e campos de fútbol, xunto con outros usos considerados non esenciais. Desde o Executivo municipal insisten en que a prevención e a concienciación serán fundamentais durante as próximas semanas no caso de que non se produzan precipitacións. Por este motivo, solicitan a colaboración directa das empresas e da cidadanía para adoptar hábitos de consumo responsable. Entre as recomendacións figuran limitar as regas, pospoñer o lavado dos vehículos e evitar o enchido de piscinas.

BAIONA TAMÉN PROHIBE VARIOS USOS DA AUGA DA REDE

O Concello de Baiona adoptou esta mesma semana medidas semellantes para reducir o consumo. O Goberno local prohibiu empregar auga da rede municipal para regar xardíns, encher piscinas ou lavar vehículos particulares.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...