InicioPolíticaO Concello de Vigo, a piques de lograr a cesión dunha parte...

O Concello de Vigo, a piques de lograr a cesión dunha parte do paseo de Bouzas e facerse cargo da súa humanización

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns os contactos do goberno municipal coa Dirección de Costas (dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica) para lograr a cesión gratuíta ao Concello dunha parte do Paseo de Bouzas.

Nunha rolda de prensa, o rexedor explicou que a administración central trasladara a súa disposición a ceder ese espazo, e precisou que o Concello pretende que sexa unha cesión por un período longo de tempo, e sen que medie un convenio. “O mellor para ter as cousas ben é que sexan da cidade, e non cun convenio, que sempre é confuso”, engadiu Caballero.

O alcalde expresou a súa confianza en que esa cesión se poida materializar de forma “inmediata” para que o Concello se faga cargo da humanización e “rexeneración” da zona, porque “xa é un paseo urbano”.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...