InicioSociedadeIndiscutible "liderado" do Cunqueiro en cirurxía cardiovascular con "técnicas pioneiras" e 670...

Indiscutible “liderado” do Cunqueiro en cirurxía cardiovascular con “técnicas pioneiras” e 670 intervencións ao ano

O hospital realiza preto de 670 intervencións ao ano, máis de 530 delas cirurxías maiores, e sitúase á vangarda en técnicas valvulares e procedementos minimamente invasivos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou este xoves o “liderado” do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en cirurxía cardiovascular, coa aplicación de “técnicas pioneiras” e a realización de preto de 670 intervencións ao ano, das cales máis de 530 son cirurxías maiores. Así o sinalou durante o acto de inauguración do XXVIII Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Cardiovascular, que se celebra esta semana na cidade olívica.

No seu discurso, o conselleiro destacou que a sanidade galega reforzou nos últimos anos a súa posición internacional en técnicas valvulares pioneiras, cun especial protagonismo do hospital Álvaro Cunqueiro. Gómez Caamaño subliñou que o centro vigués está á “vangarda” en procedementos minimamente invasivos, un ámbito no que, segundo puxo en valor, Galicia ten acadado unha posición destacada.

Antes da intervención do conselleiro, Juan José Legarra, presidente da Sociedade Española de Cirurxía Cardiovascular e Endovascular e xefe de servizo do Álvaro Cunqueiro, destacou a intensidade da programación científica do congreso, así como a elevada asistencia de profesionais e representantes da industria.

Pola súa banda, María Anxos Bruño, presidenta da Asociación Española de Perfusionistas, que tamén celebra este ano o seu congreso anual en Vigo xunto cos cirurxiáns cardiovasculares, puxo en valor a importancia de “compartir” coñecemento e experiencias co resto de compañeiros de toda España en encontros deste tipo. A celebración destes congresos na cidade reforza así o papel de Vigo como punto de encontro sanitario e científico, ao tempo que permite visibilizar o traballo desenvolvido no Álvaro Cunqueiro nunha especialidade de alta complexidade como a cirurxía cardiovascular.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...