InicioSociedadeO Porriño dá un paso máis para ter novos símbolos oficiais: escudo...

O Porriño dá un paso máis para ter novos símbolos oficiais: escudo e bandeira reciben informe favorable

A Comisión de Heráldica avala a proposta, que deberá ser aprobada agora polo Consello da Xunta, dentro do proceso de adaptación dos símbolos municipais á normativa galega.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello do Porriño está máis preto de contar con novos símbolos oficiais propios, tanto escudo como bandeira. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu este xoves a reunión da Comisión de Heráldica na que se informou de maneira favorable sobre a proposta para a súa aprobación polo Consello da Xunta. O ditame favorable da Comisión supón un novo paso no proceso para modificar ou adaptar os símbolos municipais, que deberá completarse coa aprobación definitiva por parte do Goberno galego.

Ata o momento, a Xunta leva aprobados 289 escudos e bandeiras tras a petición das respectivas entidades locais de Galicia para modificar, rehabilitar ou adaptar os seus símbolos ao decreto que regula esta materia. Tal e como explicou Natalia Prieto, os concellos e demais entidades locais galegas poden adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar aqueles que historicamente empregaron.

Estas propostas deben basearse sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do territorio, ademais de axustarse ás normas propias da heráldica. A normativa establece tamén que ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar un escudo heráldico ou unha bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta, agás aqueles símbolos que xa foran autorizados pola Administración do Estado antes da transferencia de competencias á Comunidade Autónoma.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...