InicioSociedadeOs traballos de desentullo da zona cero de Paramos comezarán en xaneiro...

Os traballos de desentullo da zona cero de Paramos comezarán en xaneiro cun custo de 753.000 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na segunda semana de xaneiro comezarán os traballos de desentullo na zona cero de Paramos afectada pola explosión do pasado 23 de maio. Esta semana o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Obras, Antonio Castro, o arquitecto municipal, Pablo Rivas, o redactor do proxecto de desentullo, Francisco Valle, e o responsable da empresa adxudicataria, Ricardo Abal, visitaron a zona cero para estudar o plantexamento para iniciar a obra.

A próxima semana dedicarase a tramitación administrativa precisa coa presentación do plan de desamiantado, que deberá aprobar o ISSGA, e de Seguridade e Saúde, que debe informar o coordinador de Seguridade e Saúde e aprobar o Concello. A continuación comunicarase a apertura do centro de traballo e asinarase a acta de reformulo.

O alcalde de Tui (no centro) visita a zona cero/ Concello de Tui

A segunda semana de xaneiro comezarán xa as obras propiamente ditas que terán un prazo de execución de dous meses. Os traballos levaranse a cabo nunha área de 25 mil metros cadrados onde se retirará todo o entullo, se demolerán tres segundas plantas de vivendas con risco de desplome e se actuará sobre os muros que dan cara viais públicos.

A corporación municipal aprobou este xoves en pleno ordinario por unanimidade a adxudicación dos traballos por vía de emerxencia á empresa Demoliciones y Desamiantados de Galicia S.L. por importe de 753.000 euros. Tamén por unamimidade foi aprobada a moción para habilitar o crédito preciso para costear o desentullo por parte do Concello de Tui.

ÚLTIMAS

UPTA urxe un “plan de substitución xeracional” para o comercio e a hostalaría en Vigo

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) alertou este mércores sobre unha tendencia...

Detido en Vigo un home de 37 anos por golpear e danar un coche que non era da súa propiedade

Un home, de 37 anos de idade, foi detido en Vigo na mañá do...

A Xunta acepta unha nova tasación do Ifevi, pero esixe o acordo de Zona Franca e evitar atrasos nas obras

A Xunta de Galicia trasladou por carta ao Concello de Vigo a súa disposición...

Os veciños do centro de Vigo levarán ao Concello aos tribunais polo “caos do Nadal”

A Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo anunciou este martes que iniciará accións...