InicioSociedadePiden case catro anos de cárcere para un peón do GES do...

Piden case catro anos de cárcere para un peón do GES do Val Miñor por hostigar aos seus compañeiros

O acusado será xulgado en Vigo por coaccións e lesións psíquicas tras proferir ameazas de morte e cuestionar ordes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita penas que suman tres anos e 10 meses de prisión para un membro do GES do Val Miñor por tres delitos de coaccións cometidos sobre dous superiores e un compañeiro de traballo, así como por dous delitos de lesións psíquicas e outro de lesións. O acusado será xulgado este martes na sala do Penal 1 de Vigo tras levar a cabo comportamentos de carácter violento e hostil cara ao coordinador do servizo, a delegada de persoal e prevención e o resto dos seus compañeiros.

Segundo o escrito do ministerio público, este home xerou durante un tempo prolongado unha situación de conflito dirixida á procura reiterada de confrontación. O acusado cuestionaba as ordes do seu coordinador, negábase a facer traballos e non cumpría os protocolos de desinfección. Ademais, intimidaba e gritaba aos seus compañeiros con expresións como “vouvos queimar a todos aquí dentro” ou “a ver se morredes todos“.

Por outra banda, o peón non acudía ás reunións de traballo malia ser requirido e afirmaba que a delegada de persoal ocupaba o seu posto por facer favores. Esta actitude provocou tal tensión que as quendas de traballo tiveron que ser modificadas e foi necesaria a intervención da Inspección de Traballo. Como consecuencia desta situación, os seus dous superiores e un dos seus compañeiros sufriron trastornos de ansiedade.

Por estes feitos, a Fiscalía acúsao de tres delitos de coaccións en concurso con dous delitos de lesións psíquicas menos graves e un de lesións. Ademais da pena de cárcere, o ministerio público pide unha multa de 810 euros, a prohibición de comunicarse ou achegarse aos prexudicados durante dous anos e o pago de indemnizacións que suman 17.830 euros.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...